O pasado día 15 de abril saía a licitación por 146.814,46 euros, a contratación das obras para dotar á nosa área empresarial dunha báscula pública de vehículos pesados. Poderanse presentar ofertas ata o 5 de maio.
Nas pasadas semanas adxudicáronse de modo definitivo tanto o proxecto de urbanización e parcelación, como o de expropiación e apoio técnico á execución da expropiación; a Aneta Iberolatam SLU e Calixto Escariz respectivamente.
Este vial que conectará directamente o noso polígono coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914), despois de tres anos, supera a fase de avaliación ambiental. Os seguintes pasos serán a exposición pública do proxecto expropiatorio e aprobación definitiva do trazado.
Xestión do Solo de Galia, Xestur SA publicou a adxudicación das parcelas de chan empresarial que saíran a concurso o pasado 4 de outubro. Entre elas as dúas que quedaban por adxudicar no noso parque empresarial.
Este novo vial transcorre entre a Rúa Madeira cruza a autovía AG-55 a través dunha ponte e enlaza co sistema viario municipal que conecta con Razo, Baldaio ou Caión. Do mesmo xeito que o resto de accesos, este vial permanecerá pechado das 00:00h ás 06:00h.
A reunión tivo lugar na delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña e, ademais da directora xeral, Margarita Ardao, e representantes da Comunidade de Propietarios do Polígono, asistiron o alcalde de Carballo, a delegada territorial da Xunta e o novo xerente de Xestur.
A Xunta Xeral Extraordinaria de Propietarios, celebrada onte no Centro Social de Bértoa, aprobou por unanimidade a proposta de Estatutos da nova entidade. Nos próximos días, o documento será remitido ao Concello para a súa aprobación pola corporación municipal.
A Comunidade de Propietarios do Polígono adheriuse á Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que reúne a institucións, empresas e colectivos comprometidos coa loita contra o cambio climático e o avance cara a un futuro máis sostible.