O pasado día 15 de abril saía a licitación por 146.814,46 euros, a contratación das obras para dotar á nosa área empresarial dunha báscula pública de vehículos pesados. Poderanse presentar ofertas ata o 5 de maio.
Antes de que termine o ano o polígono contará cun novo servizo ao dispor dos transportistas que teñan con punto de partida ou destino a nosa área empresarial: unha báscula pública para o seu uso por vehículos pesados. Esta nova infraestrutura permitirá un control rápido e preciso do peso das cargas e evitará desprazamentos a estacións de pesada situadas fóra do propio polígono ou xestionadas por terceiros.
As empresas interesadas en participar na licitación desta intervención poderán presentar ofertas ata o día 5 de maio.
A bascula pública situarase nunha parcela municipal de 1.180 metros cadrados situada na Rúa Wolframio entre a primeira e segunda fase do polígono. Esta parcela urbanizarase cunha capa de rodadura onde circularán os camións de pavimento de formigón de firme especifico para o tráfico de vehículos pesados e un ancho de vía de 8 metros sobre unha capa de saburra de 10 cm de espesor.
Para a báscula optarase por unha instalación encaixada, con foso baixo superficie, situada nun único carril. Estará dotada dun programa de xestión con tarxetas de identificación de usuarios cun sistema de altas de usuario incluído, o que permitirá o seu uso as 24 horas sen necesidade de persoal.