As empresas adheridas á Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo dispoñen dun servizo gratuíto de mensaxería interna para o envío de cartas ao resto de empresa situadas no polígono, só teñen que deixalas na caixa de correos situada no exterior das oficinas da comunidade e os operarios da mesma encargaranse da súa distribución. O intercambio comercial entre empresas situadas no propio polígono é moi intenso, polo que este servizo supón un aforro para as empresas beneficiarias do mesmo.
O polígono conta cunha caixa de correos con recollida de luns a venres ás 11:30 horas. Así mesmo, a empresa de mensaxería urxente MRW dispón dunha oficina no noso parque empresarial (Rúa Volframio Parcela F5) cun horario de atención ao público de 09:00 a 14:00 e de 15:45 a 20:00.