Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Avances na tramitación da ampliación do polígono.

Avances na tramitación da ampliación do polígono.

24 abril, 2025 Xeral

Nas pasadas semanas adxudicáronse de modo definitivo tanto o proxecto de urbanización e parcelación, como o de expropiación e apoio técnico á execución da expropiación; a Aneta Iberolatam SLU e Calixto Escariz respectivamente.

Este mes a tramitación da ampliación do polígono deu un paso máis coa adxudicación definitiva do proxecto de urbanización e parcelación a Aneta Iberolatam SLU e do proxecto de expropiación e apoio técnico á execución da expropiación a Calixto Escariz.

Paralelamente a estas adxudicacións trabállase na aprobación definitiva do Plan estructurante de ordenación do chan empresarial (PEOSE) que podería darse leste mesmo verán. Superados estes trámites, desde a Xunta de Galicia, transmítennos que prevén licitar as obras de execución da ampliación a finais do ano 2026. 

A ampliación desenvolverase en dous sectores, o A, situado ao oeste e que contará cunha superficie de 443.226 metros cadrados, e o B, situado ao leste do actual polígono e que contará cunha superficie de 110.781 metros cadrados. Un total de 554.007 novos metros cadrados de chan empresarial, co que o noso polígono alcanzaría unha superficie aproximada de 1.800.000 metros cadrados.

A Comunidade de Propietarios do Polígono valoran positivamente estes avances e urxen a acelerar ao máximo os trámites, tendo en cuenta que desde o pasado 1 de abril o polígono non conta con oferta pública de chan empresarial e que a escasa oferta privada non cobre en absoluto a demanda existente.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.