A visita aos portais institucionais da ECOXEM do polígono realízase de forma anónima.
Unicamente para acceder a aqueles servizos da web que requiran unha xestión ou trámite específico, as persoas usuarias deberán facilitar os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado.
Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da ECOXEM do polígono e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos persoais e demais disposicións de aplicación.
O rexistro de actividades de tratamento da ECOXEM do polígono é o seguinte:
Tratamento dos datos de Usuarios, Clientes e Asociados
| Responsable: |
Entidade de Conservación, Xestión e Modernización (ECOXEM) do Polígono de Carballo - V25886003 |
| Delegado de Protección de datos: |
infopoligonodecarballo.com |
| Finalidade: |
Tratamos a información facilitada polas persoas interesadas coa finalidade de realizar a xestión administrativa, contable e fiscal dos servizos solicitados, así como enviar comunicacións comerciais sobre os nosos produtos e servizos. No caso de non facilitar os seus datos persoais, non poderemos cumprir coas funcionalidades anteriormente descritas. |
| Lexitimación: |
Artigo 6.1.b) do RXPD: o tratamento é necesario para a execución dun contrato no que a persoa
interesada é parte ou para a aplicación, por petición desta, de medidas precontractuais. |
| Conservación: |
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que foron recollidos e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos. |
| Persoas interesadas: | Usuarios; Clientes; Asociados. |
| Categoría dos datos: |
Datos identificativos e de facturación, se procede. |
| Destinatarios: |
Outros órganos da Administración, entidades aseguradoras, profesionais ou entidades adxudicatarias da prestación do servizo. |
| Dereitos: |
Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos indicados na información adicional, que poderá exercer dirixíndose a infopoligonodecarballo.com |
| Procedencia: |
A propia persoa interesada. |
Así mesmo, as persoas usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.