• Polígono de Carballo
Os nosos servizos
Control e mantemento
Aseguramos o bo funcionamento da nosa infraestrutura urbana.
Viveiro de empresas
Un espazo para facilitar a posta en marcha de proxectos emprendedores.
Xestión de residuos
Consulta localización e horarios de recollida.
Correo e mensaxería interna
Aforra custos e tempo co noso servizo de mensaxería interna.
Aparcadoiros disuasorios
Dez espazos habilitados como aparcadoiros gratuítos a disposición de todos os usuarios.
Gasolineira
O noso polígono dispón dunha estación de servizo con prezos lowcost.
Parque de bombeiros
Garante unha rápida intervención en caso de emerxencia.
Zonas verdes, lecer e hostalería
O noso polígono transformouse nun espazo para o lecer e o divertimento.
Empresas
Actualmente están situadas no noso polígono máis de 175 empresas de sectores diversos, como os da construción, o transporte, a distribución ou a industria química.
Localiza as empresas situadas no Polígono de Carballo de forma fácil e rápida.
Últimas novas
O trazado da circunvalación recibe a aprobación definitiva.
O trazado da circunvalación recibe a aprobación definitiva.

A aprobación definitiva do trazado do vial de circunvalación supón un novo impulso a unha das infraestruturas máis demandadas polo tecido empresarial do polígono. Este trámite leva aparellada a declaración de utilidade pública da actuación e permitirá avanzar na redacción do proxecto construtivo, paso previo á licitación e ao comezo das obras.

Avanza a tramitación da ampliación do polígono.
Avanza a tramitación da ampliación do polígono.

A Xunta publicou no DOG a relación de propietarios afectados pola ampliación do polígono que non puideron ser notificados de forma individual. Os interesados dispoñen de dez días para comparecer ante a Administración e coñecer o contido do expediente.

O polígono contará con dúas paradas de autobús a partir do 25 de maio.
O polígono contará con dúas paradas de autobús a partir do 25 de maio.

A Xunta comunicou a posta en funcionamento de dúas paradas de autobús no polígono a partir do próximo 25 de maio, unha actuación moi demandada polas empresas e traballadores do parque empresarial e que permitirá mellorar as nosas conexións con Carballo e A Coruña.