Novas

Estas aquí: Inicio \ Novas
Primeiros pasos para dotar ao polígono dun novo aparcamento de vehículos pesados.

Primeiros pasos para dotar ao polígono dun novo aparcamento de vehículos pesados.

15 septembro, 2020 Xeral

O novo aparcamento supoñerá a creación de 42 prazas para camións e estará situado na Rúa Bronce nas inmediacións do campo de fútbol nun escampado que xa se viña utilizando de forma informal como espazo de estacionamento aínda sen cumprir os mínimos estándares de funcionalidade e aproveitamento do espazo.

Aprobado o proxecto de mellora da rede de hidrantes do polígono por un importe de 86.519,69 euros.

Aprobado o proxecto de mellora da rede de hidrantes do polígono por un importe de 86.519,69 euros.

04 agosto, 2020 Xeral

Este investimento cubrirá un importante déficit na seguridade do polígono que na súa primeira fase só dispón de tres hidrantes para dar servizo a máis de 150 empresas. Por outra banda, o Concello concedeu unha subvención 8.288€ orientada a mellorar o noso servizo de xestión de residuos.

A circunvalación de Carballo vai tomando forma coa licitación do seu trazado definitivo.

A circunvalación de Carballo vai tomando forma coa licitación do seu trazado definitivo.

09 xullo, 2020 Xeral

Demandada en repetidas ocasións polo colectivo empresarial, esta infraestrutura que unirá o noso parque industrial, coas estradas de Ordes (AC-413) e Santiago (DP-1914) supoñerá unha mellora notable nas nosas comunicacións co sur da Comunidade Autónoma.

O polígono xa dispón do seu primeiro plan de autoprotección.

O polígono xa dispón do seu primeiro plan de autoprotección.

14 maio, 2020 Xeral

Despois de formalizar no día de onte a súa inclusión no Rexistro de Plans de Autoprotección da Comunidade Autónoma, a nosa área empresarial xa dispón dun plan que cumpre todos os requisitos técnicos necesarios para ser unha ferramenta útil na prevención e minoración de riscos en caso de producirse algunha situación de emerxencia.

A Comunidade de Propietarios entregará máis de 16.000 máscaras entre as empresas do polígono.

A Comunidade de Propietarios entregará máis de 16.000 máscaras entre as empresas do polígono.

23 abril, 2020 Xeral

Entre os días de onte e hoxe o seu persoal repartirá de forma gratuíta entre as empresas un lote de 2.000 máscaras facilitadas pola Subdelegación do Goberno, así mesmo desde a Comunidade de Propietarios xestionouse, a través da Central de Compras da Xunta de Galicia, a adquisición de 12.000 máscaras por parte de distintas empresas que así o solicitaron.

Autónomos e pemes solicitan medidas ao Concello fronte ao parón na actividade provocado polo COVID 19.

Autónomos e pemes solicitan medidas ao Concello fronte ao parón na actividade provocado polo COVID 19.

13 abril, 2020 Xeral

As xuntas directivas do Centro Comercial Aberto e da Comunidade de Propietarios do Polígono solicitaron ao Concello de Carballo a adopción dunha serie de medidas fiscais dentro do seu ámbito competencial que axuden ao tecido empresarial local a superar estes momentos de incerteza. Algunha destas demandas xa foron atendidas.

A circunvalación de Carballo partirá desde o polígono.

A circunvalación de Carballo partirá desde o polígono.

24 decembro, 2019 Xeral

O pasado venres 20 de decembro, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comunicou á xunta directiva da Comunidade de Propietarios do Polígono a decisión da Xunta de Galicia de que a estrada de circunvalación de Carballo de inicio na rotonda de Bértoa e conecte o polígono coas estradas de Ordenes e Santiago.

Presentación do estudo Situación actual e perspectivas de futuro da área industrial e comercial de Bértoa.

Presentación do estudo Situación actual e perspectivas de futuro da área industrial e comercial de Bértoa.

13 decembro, 2019 Xeral

No día de onte tivo lugar a presentación pública do primeiro estudo socioeconómico sobre a nosa área empresarial. No acto ademais de representantes da Comunidade de Propietarios e o economista responsable da súa elaboración, participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o coordinador do Plan de Promoción Industrial da Cámara de Comercio, Carlos Fernández.

1 2 3 4 5 6 >