Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A Comunidade de Propietarios achega as axudas da Consellería ás empresas do polígono.

A Comunidade de Propietarios achega as axudas da Consellería ás empresas do polígono.

10 abril, 2019 Xeral

La Comunidad de Propietarios del Polígono sigue trabajando en la línea de acercar nuevas oportunidades de mejora a las empresas asociadas, en este contexto se enmarca la jornada informativa del día de ayer. Esta iniciativa que nació del interés de la propia Comunidad de Propietarios y que contó desde el primer momento con el apoyo de propia consellería; tenía como objetivo que los empresarios no tuvieran la necesidad de desplazarse del propio polígono para recibir de primera mano información sobre ayudas públicas para proyectos de inversión o contratación de personal. El acto transcurrió de una forma amena.

En la primera parte, responsables de la Secretaría Xeral de Emprego, de la Axencia Galega de Innovación y del IGAPE explicaron cuáles son las principales ayudas a las que pueden optar tanto empresas, como autónomos o emprendedores. Una vez clausurada la jornada, el público asistente pudo resolver sus dudas o exponer sus necesidades concretas tanto a los técnicos de la consellería como al propio conselleiro, en una animada sesión networking.

Desde la Comunidad de Propietarios hacen una valoración positiva de la jornada y ya trabajan en la organización de nuevos eventos que sean de interés y utilidad para empresarios y usuarios del polígono.

A Comunidade de Propietarios do Polígono segue traballando na liña de achegar novas oportunidades de mellora ás empresas asociadas, neste contexto enmárcase a xornada informativa do día de onte. Esta iniciativa que naceu do interese da propia Comunidade de Propietarios e que contou desde o primeiro momento co apoio de propia consellería; tiña como obxectivo que os empresarios non tivesen a necesidade de desprazarse do propio polígono para recibir de primeira man información sobre axudas públicas para proxectos de investimento ou contratación de persoal. O acto transcorreu dunha forma amena.

Na primeira parte, responsables da Secretaría  Xeral de  Emprego, da  Axencia  Galega de Innovación e do IGAPE explicaron cales son as principais axudas ás que poden optar tanto empresas, como autónomos ou emprendedores. Unha vez clausurada a xornada, o público asistente puido resolver as súas dúbidas ou expoñer as súas necesidades concretas tanto aos técnicos da consellería como ao propio conselleiro, nunha animada sesión  networking.

Desde a Comunidade de Propietarios fan unha valoración positiva da xornada e xa traballan na organización de novos eventos que sexan de interese e utilidade para empresarios e usuarios do polígono.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.