
A Xunta Directiva do polígono mantivo nas instalacións do Centro de Promoción Económica do Polígono a primeira reunión de traballo con Daniel Pérez desde que tomou posesión do cargo de alcalde. No encontro participaron tamén Evencio Ferrero e Xosé Regueira.
A Xunta Directiva do Polígono de Carballo celebrou esta semana, nas instalacións do Centro de Promoción Económica, a primeira xuntanza de traballo con Daniel Pérez, novo alcalde de Carballo, tras a súa recente toma de posesión. No encontro participaron tamén Evencio Ferrero, alcalde saínte, e Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica.
O relevo na Alcaldía produciuse o pasado 11 de outubro, cando Evencio Ferrero cedeu o bastón de mando despois de 22 anos á fronte do Concello. Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono quíxoselle trasladar ao novo rexedor a importancia de manter unha colaboración estreita e permanente entre ambas institucións, dado que os Concellos son os titulares dos viais e espazos públicos das áreas empresariais, e o seu papel resulta esencial para o seu correcto funcionamento e desenvolvemento.
Nos últimos anos, esta cooperación traduciuse en máis de 2 millóns de euros de investimento municipal no Polígono de Carballo, destinados a actuacións como a apertura de novos viais de acceso, a ampliación da rede de hidrantes, a creación dun aparcadoiro para vehículos pesados ou a renovación de beirarrúas.
Durante a xuntanza abordáronse os principais retos a curto prazo do polígono, entre eles a posta en marcha da ECOXEM, a ampliación do parque empresarial e a execución da estrada de circunvalación. A Xunta Directiva trasladoulle ademais ao novo alcalde a preocupación do empresariado polos cortes no subministro eléctrico e presentou diversas propostas de intervención para incluír nos orzamentos municipais de 2026. Entre elas destacan:
A reunión desenvolveuse nun clima de colaboración e vontade de continuidade institucional, co obxectivo compartido de seguir impulsando o desenvolvemento e a mellora do Polígono de Carballo como eixo económico do municipio.