Punto limpo e recollida

Estás aquí: Inicio \ Servizos \ Punto limpo e recollida

No punto limpo do noso polígono podes depositar os residuos voluminosos do fogar, electrodomésticos, residuos perigosos e todo tipo de residuos, excepto a materia orgánica.

Horario do punto limpio

O horario de recollida do punto limpo é os xoves e sábados, de 10:00 horas a 13.00 horas e de 16:00 horas a 19:00 horas.

Horario de recollida RSU

A recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) no noso polígono realízase a noite do luns ao martes e a noite do xoves ao venres de 23:00 horas a 05:00 horas.
A recollida de papel-cartón ten lugar os luns nos contedores e os xoves nos talleres entre as 10:00 horas e as 12:45 horas.

Residuos perigosos do fogar:

Tubos fluorescentes, lámpadas, cristais ou espellos, pinturas, disolventes e vernices, aerosois, aceite de cociña usado ou de motor, produtos limpadores, material de equipos informáticos, como cartuchos de tinta, etc.

Electrodomésticos:

Televisores, refrixeradores, frigoríficos ou aparellos de aire acondicionado con componentes CFC, lavadoras, etc.

Residuos voluminosos:

Mobles e trastes vellos, sofás, portas, persianas, chatarra e metais, madeira e restos de poda, pneumáticos, sanitarios e pezas de baño, cascallos de obra ou reforma, etc.


Localización

Contacto

Se a túa empresa ten algún tipo de necesidade especial, podes poñerte en contacto coa UTE que xestiona tanto o punto limpo como a recollida de residuos nos seguintes teléfonos e horario:

Tlf: 981 754 917
Móvil: 636 33 619

De luns a venres de 10:00 horas a 14:00 horas.