Novas Xeral

Estas aquí: Inicio \ Novas / Xeral
Xornada sobre placas fotovoltaicas e autoconsumo solar.

Xornada sobre placas fotovoltaicas e autoconsumo solar.

14 xuño, 2023 Xeral

O evento organizouse en colaboración co BBVA e Iberdrola e tiña como fin facilitar ás empresas información fiable sobre os custos, aforros e posibles vías de financiamento para a instalación de placas fotovoltaicas nas cubertas das súas naves.

O polígono fortalece os seus lazos co tecido empresarial metropolitano.

O polígono fortalece os seus lazos co tecido empresarial metropolitano.

10 maio, 2023 Xeral

A firma do convenio entre Nordes Club Empresarial e a Comunidade de Propietarios do Polígono permitirá organizar actividades conxuntas en Carballo e A Coruña. Así mesmo, as empresas do polígono interesadas en asociarse a Nordés Club Empresarial, gozarán dun desconto do 25% na cota de alta.

Visita institucional do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao.

Visita institucional do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao.

05 maio, 2023 Xeral

A visita tivo como obxectivo presentar ás empresas do noso polígono os novos roteiros e frecuencias da terminal de contedores do porto ferrolán, que lles permiten enviar mercadoría aos principais mercados europeos e internacionais con prazos e custos moi competitivos.

Aprobada a apertura do vial que conectará o noso polígono coa rotonda do Centro Comercial Bergantiños.

Aprobada a apertura do vial que conectará o noso polígono coa rotonda do Centro Comercial Bergantiños.

25 abril, 2023 Xeral

A corporación municipal aprobou no pleno de onte unha modificación orzamentaria que incorpora un importe de 615.370,74 euros para a apertura e pavimentación do primeiro tramo do vial que comunicará o noso polígono coa avenida de Razo.

Xornada sobre transferencia científico-técnica coa UDC.

Xornada sobre transferencia científico-técnica coa UDC.

30 marzo, 2023 Xeral

Este mércores día 29 celebrouse no Centro de Promoción Económica unha xornada baixo o título A Universidade da Coruña, a túa colaboradora en innovación. Oportunidades de transferencia científico-técnica universidade-empresa. Foi impartida por Xosé Manuel García da OTRI UDC

Xornada sobre a FP Dual Adaptada da man de Aspaber.

Xornada sobre a FP Dual Adaptada da man de Aspaber.

06 marzo, 2023 Xeral

A FP Dual Adaptada é unha nova modalidade de formación profesional orientada á inserción laboral de persoas con discapacidade. Os alumnos de Aspaber levan formandose tres anos e obtiveron de certificado de profesionalidade Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais.

En concurso de venda as últimas 5 parcelas da 2ª fase.

En concurso de venda as últimas 5 parcelas da 2ª fase.

13 febreiro, 2023 Xeral

Xestión do Solo de Galicia (Xestur SA) saca a concurso de venda as últimas cinco parcelas dispoñibles na 2ª fase da nosa área empresarial. Un total de 35.085 metros cadrados polos que se poderán presentar ofertas ata o 14 de marzo.

< 1 2 3 4 5 6 >