Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Xornada Técnica sobre a implantación da nova norma  ISO 45001:2018

Xornada Técnica sobre a implantación da nova norma ISO 45001:2018

19 xullo, 2019 Xeral

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), da que forma parte o noso polígono, organizou o pasado mércores no Viveiro de Empresas unha Xornada Técnica sobre a implantación da nova norma ISO 45001:2018 Sistemas de Xestión da Seguridade e a Saúde Laboral. Dada a boa acollida que tivo o evento, prevese a organización de máis xornadas deste tipo nos próximos meses.

A norma ISO 45001:2018 foi publicada o 12 de marzo de 2018 e é o novo estándar internacional para a de xestión da seguridade e saúde laboral, vindo substituír ao certificado  OHSAS 18001. As empresas que así o desexen xa poden implantar este novo estándar, mentres que as empresas que teñan un certificado vixente baixo OHSAS 18001 teñen ata o 2021 para adaptarse á ISO 45001, polo que é conveniente familiarizarse cos requisitos e procesos da nova norma.

A xornada foi impartida polo persoal técnico de FEGAPE que expuxeron aos participantes as principais diferenzas entre a ISO 45001 e a norma OHSAS, así como todos os pasos do proceso de certificación. Tamén se expuxo como este tipo de estándares son cada vez máis esixidos polos grandes contratistas tanto do sector público como privado, permitíndolle ás empresas que estean en posesión dos mesmo optar a un importante nicho de mercado.

FEGAPE desenvolve esta actividade dentro do proxecto Safe Parks que ten por obxectivo mellorar a prevención de riscos laborais das empresas situadas nos polígonos industriais galegos e conta co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.