Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Xornada informativa sobre subvencións no ámbito da eficiencia enerxética.

Xornada informativa sobre subvencións no ámbito da eficiencia enerxética.

18 xaneiro, 2019 Xeral

O pasado día 9 de xaneiro o Instituto Galego de Enerxía dependente da la Xunta de Galicia procedía á convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro enerxético para empresas.

Dado o interese desta convocatoria e apostando por dar un servizo de asesoramento próximo e adaptado ás necesidades das empresas do polígono, onte tivo lugar unha xornada informativa organizada pola Comunidade de Propietarios.

A xornada foi impartida polo persoal técnico de Eficiencia Enerxética de Galicia (ENERGAL) e tivo lugar na aula de formación do Viveiro de Empresas. Nela abordáronse as principais características das liñas de subvencións orientadas ao aforro enerxético nas empresas. Tamén se respondeu ás distintas dúbidas e preguntas por parte dos asistentes.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.