Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Venda en réxime de adxudicación directa das últimas cinco parcelas da 2ª fase.

Venda en réxime de adxudicación directa das últimas cinco parcelas da 2ª fase.

25 outubro, 2022 Xeral

Xestión do Só de Galicia Xestur SA acaba de sacar á venda en réxime de adxudicación directa as cinco parcelas que aínda ten dispoñible na 2ª fase da nosa área empresarial. Pódense presentar ofertas por elas desde o 4 de outubro ao 30 de novembro.

As últimas cinco parcelas dispoñibles na segunda fase do polígono seguen á venda. No concurso convocado no mes de xuño e que foi resolvido a finais de setembro non se adxudicou ningunha das parcelas, polo que a principios deste mes Xestur puxo de novo á venda estas terreos vacantes mediante unha oferta pública por adxudicación directa. O prezo das parcelas segue estando bonificado ao 50% ata o 30 de novembro, cando acabará o prazo para presentar as ofertas.

Na seguinte ligazón podedes consultar as bases do proceso de adxudicación: https://www.xesturgalicia.com/index.php?seccion=inicio&opcion=ver_nova&id=189

O prezo en conxunto destas parcelas dispoñibles é de case 2,5 millóns de euros (sen a bonificación). A de maior tamaño é de 13.214 metros cadrados que se poderá adquirir tras o desconto por 435.952 euros e o seu uso é industrial e terciario. Esta parcela está situada xunto á segunda máis grande, de 9.384 metros cadrados que se vende cun prezo de 309.593 euros.

As outras tres parcelas dispoñibles no polígono carballés son de 7.219 metros cadrados (cun prezo bonificado de 273.891 euros); 4.274 metros cadrados (153.829 euros) e de 992 metros cadrados que se poderá adquirir por 45.602 euros.  Como no resto das parcelas adxudicadas por Xestur, os que se fagan coas propiedades deberán concluír a edificación proxectada e obter a licenza de primeira ocupación nun prazo máximo de tres anos desde a formalización da compravenda.

Na seguinte ligazón podedes consultar a localización e características exactas das parcelas que saes á venda: https://www.xesturgalicia.com/index.php?seccion=solo_empresarial&opcion=fichape&id=221

 

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.