Nos próximos meses esta antiga demanda materializarase coa inclusión de dúas paradas de bus no noso polígono que darán servizo a sete frecuencias diarias da liña A Coruña – Carballo.
A Xunta de Galicia autorizou esta incorporación, que permitirá facilitar os desprazamentos entre o polígono e a área metropolitana coruñesa, contribuíndo a un transporte máis sostible e atendendo as necesidades do crecente número de traballadores das nosas empresas que residen no ámbito de servizo desta liña.
Desde a Comunidade de Propietarios do Polígono valórase moi positivamente este avance, que axudará a mellorar a captación de persoal, a seguridade viaria e a competitividade das empresas asentadas no parque empresarial, tras máis de catro anos de xestións e reivindicacións para conseguilo.
En canto confírmense as datas exactas de posta en marcha e a localización definitiva das paradas, desde a Comunidade de Propietarios poñerase en marcha unha campaña informativa para que todas as empresas e usuarios do parque empresarial coñezan os horarios e frecuencias da liña.
O Polígono de Carballo conta con máis de 230 empresas asentadas e 3.000 postos de traballo directos, ademais de albergar importantes instalacións sociais e deportivas que o converten nun dos espazos urbanos con maior fluxo de visitantes da zona. A súa inclusión na Rede de Transporte Público de Galicia supón un primeiro paso cara a un modelo de mobilidade máis sostible, eficiente e seguro.