Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Nova infraestrutura de fibra óptica e novos operadores de telefonía.

Nova infraestrutura de fibra óptica e novos operadores de telefonía.

25 outubro, 2022 Xeral

Desde este mes de outubro está operativa a nova infraestrutura de fibra óptica que despregou Rede Aberta dando servizo ao 100% da nosa área empresarial. Esta nova infraestrutura permitirá que cheguen novos operadores de telefonía ao polígono.

Desde este mes está operativa a fibra óptica que despregou no noso polígono a empresa Rede Aberta, este despregamento abarca o 100% das parcelas da nosa área empresarial.

Rede Aberta é unha empresa de infraestruturas: desprega a fibra e encárgase do seu mantemento e modernización; pero non ofrece o servizo ao cliente final. O seu modelo de negocio consiste en alugar a súa infraestrutura a operadores de telefonía que son o que ofrecen o servizo ao usuario final. É por iso que coa chegada de Rede Aberta ao noso polígono, van ser varios operadores os que se somen a R que ata a data era o único que ofrecía servizo de fibra na nosa área empresarial.

Se estades interesados en coñecer os novos operadores que ofrecen o servizo de fibra no polígono ou cales deles adáptanse ás necesidades concretas da túa empresa podédesvos poñer en contacto co responsable comercial de Rede Aberta:

 

  • Sergio Beceiro
  • 621 264 279
  • sergio.beceiro@redeaberta.gal
Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.