Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Acordo de colaboración entre a Comunidade de Propietarios e a Fundación Inade.

Acordo de colaboración entre a Comunidade de Propietarios e a Fundación Inade.

13 septembro, 2023 Xeral

Este acordo, a través da organización de diversas actividades, busca fomentar entre as empresas do noso polígono unha cultura máis madura á hora de xestionar os riscos vinculados á súa actividade económica e a súa adecuada transferencia á industria aseguradora.

Unha inadecuada xestión do risco e a súa transferencia ao ámbito asegurador é unha das causas máis comúns nos índices de mortaldade das empresas galega. A Fundación Inade é unha entidade sen animo de lucro que promove a sensibilización entre o tecido empresarial sobre a importancia dunha correcta xestión do risco, así como a formación de profesionais competentes neste ámbito.

Co fin de fomentar a cultura do risco e o seguro entre as empresas do noso polígono, #asinar onte un acordo de colaboración entre a Comunidade de Propietarios do Polígono e a Fundación Inade

Entre os compromisos que asumen ambas as entidades destacan: a promoción activa da participación das empresas de Carballo nas actividades planificadas por Fundación Inade e a Cátedra Fundación Inade-UDC, o estímulo da participación en investigacións impulsadas por Fundación Inade e a difusión dos "Premios Galicia Segura" entre as empresas do Polígono. Así mesmo, contémplase a organización conxunta de eventos de interese mutuo, como seminarios e conferencias relacionados coa xestión de riscos e seguros, dirixidos principalmente a empresarios e a profesionais do ámbito. Prevese un intercambio fluído de información e coñecementos entre ambas as institucións, así como a asistencia técnica de Fundación Inade en cuestións de seguros para a Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.