Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación do polígono en 554.007 metros cadrados máis.

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación do polígono en 554.007 metros cadrados máis.

08 xuño, 2022 Xeral

A Xunta de Galicia destinará un total de 62.436 euros á redacción do proxecto de aplicación do noso parque empresarial. Este proxecto está declarado de interese autonómico (PIA) e foi adxudicado á empresa Proyfe SL.

A Xunta de Galicia adxudicou no día de onte a redacción do proxecto de ampliación do polígono á empresa Proyfe SL, unha vella coñecida que xa se encargase de redactar o proxecto da 1ª fase da nosa área empresarial alá polo ano 80 de século pasado, naquela ocasión por encargo de ASEMCAR.

A previsión que manexa é que o proxecto se envíe redactado á Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda no mes de outubro e que o mesmo reciba a aprobación inicial no principio do ano.

A nova ampliación desenvolverase en dous sectores uno ao oeste do actual parque de 443.226 metros cadrados e outro sector ao leste, neste caso de 110.781 metros cadrados. A maioría destes terreos xa son propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Con esta actuación o polígono alcanzará unha superficie de 1.772.007 metros cadrados, só superado na área coruñesa polo polígono de Sabón.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.