Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
22.000 metros cadrados para uso industrial.

22.000 metros cadrados para uso industrial.

16 xuño, 2021 Xeral

A instancia da Comunidade de Propietarios inícianse os trámites para o cambio de uso das parcelas F1 e F2 da segunda fase que permitirá que empresas de natureza industrial poidan poxar por elas.

Das escasas 10 parcelas sen adxudicar na segunda fase, dúas destacan polas súas dimensións: a F1 (9.384 m2) e a F2 (13.214 m2). Dúas parcelas atractivas polas súas dimensións e situación, pero que o uso exclusivamente comercial que teñen asignado dificulta a súa colocación no mercado.

A Comunidade de Propietarios do Polígono é sabedora que varias empresas de natureza industrial que tiñan a Carballo como primeira opción tiveron que irse a outros municipios ou mesmo, nun caso, a outra comunidade autónoma por non atopar aquí unha parcela de uso industrial coa superficie necesaria. É por iso, que a entidade empresarial trasladou hai dous meses á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, a pertinencia de cambiar o uso das parcelas mencionadas a un uso mixto comercial-industrial.

A petición foi acollida positivamente e de feito desde onte está a exposición pública a modificación puntual do proxecto sectorial da segunda fase que permitirá o cambio. O trámite non debería prolongarse máis aló do último trimestre do ano.

Desde a Comunidade de Propietarios cren que esta medida facilitará a adxudicación das parcelas e fortalecerá o perfil industrial da nosa área empresarial.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.