Dinamización económica

Estás aquí: Inicio \ Servizos \ Dinamización económica

Aínda que é certo que son as empresas as que compiten nun mundo cada vez máis globalizado, a súa capacidade de competir vese reforzada se a contorna territorial facilita esta dinámica. É por iso polo que aspiramos a mellorar a competitividade das nosas empresas transformado o noso polígono nun importante polo de desenvolvemento económico a nivel provincial e autonómico.

Para iso, ao longo do ano, desde a Comunidade de Propietarios do Polígono realízanse distintas actuacións orientadas á dinamización económica da nosa área empresarial así como á mellora de servizos e infraestruturas. Entre estas actuacións destacamos:

  • A promoción da marca Polígono de Carballo como un espazo atractivo para a posta en marcha de proxectos empresariais e emprendedores.
  • O mantemento dunha canle de comunicación directa coas administracións e empresas implicadas no correcto funcionamento dos servizos e infraestruturas do polígono.
  • A organización de eventos formativos destinados ás áreas directivas e produtivas das empresas. Así como de xornadas de networking con outras áreas e colectivos empresariais, ou a promoción e participación en feiras sectoriais e congresos.
  • O mantemento dun servizo de información sobre novidades e cambios lexislativos, así como sobre axudas e subvencións públicas.
  • A firma de convenios con provedores de produtos e servizos, obtendo vantaxes sobre os negociadores individuais.