Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Un paso máis cara a integración das dúas fases do polígono contorna a unha única entidade de xestión.

Un paso máis cara a integración das dúas fases do polígono contorna a unha única entidade de xestión.

27 septembro, 2019 Xeral

Na tarde do día 25  deuse un importante paso cara a integración das dúas fases do polígono contorna a unha única entidade de xestión. O cuarto punto da Orde do día da Xunta Xeral da Comunidade de Propietarios do Polígono celebrada no Viveiro de Empresas, era unha modificación de estatutos que permitiría a adhesión cos mesmos dereitos e obrigacións, das empresas da segunda fase e sucesivas á propia Comunidade.

Este era un paso previo de carácter normativo imprescindible para abordar a integración efectiva de ambas as fases. A modificación estatutaria foi exposta polo secretario e o xerente da entidade, Juan Carlos Fernández e Pablo Rodríguez, que responderon as dúbidas expostas polos asistentes e unha vez resoltas, os novos estatutos foron sometidos a votación, recibindo a aprobación unánime dos socios asistentes. Desde a Xunta Directiva da Comunidade expresaron que seguirán dando pasos “lentos pero seguros” cara a integración efectiva das dúas fases ao longo do ano 2020.

Outros dos asuntos tratados foi a renovación do mandado da actual Xunta Directiva, á que se incorporou José Martínez de Hormigones de Bergantiños SA (Horbesa) e a aprobación do Informe de xestión e das contas anuais. En ambos os casos realizouse un repaso aos fitos alcanzados pola Comunidade de Propietarios nos últimos meses e sobre todo marcáronse os obxectivos propostos para o 2020. Destacando, ademais da integración efectiva de ambas as fases, o traslado das oficinas do polígono ao antigo Edificio de promoción económica cedido polo  Concello, proseguir coas melloras na seguridade do polígono, así como distintas actuacións nas zonas verdes, a  señalética e no mobiliario urbano (practicamente inexistente na área empresarial).

Nesta Xunta Xeral participou o concelleiro Luís Lamas que destacou o clima de colaboración existente entre ambas as institucións e a coincidencia de empresarios e  Concello na necesidade de abrir o vial que comunicaría a rotonda de acceso ao polígono co CC  Bergatiños, así como no carácter prioritario que ten o tramo da estrada de circunvalación que comunicaría a rotonda da  Avd. de Bértoa coa estrada de Santiago.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.