Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Autónomos e pemes solicitan medidas ao  Concello fronte ao parón na actividade provocada polo COVID 19.

Autónomos e pemes solicitan medidas ao Concello fronte ao parón na actividade provocada polo COVID 19.

25 marzo, 2020 Xeral

As xuntas directivas do Centro Comercial Aberto e da Comunidade de Propietarios do Polígono veñen de solicitar ao Concello de Carballo a adopción dunha serie de medidas fiscais dentro do seu ámbito competencial que axuden ao tecido empresarial local a superar estes momentos de zozobra. Algunha das súas demandas xa foron atendidas.

As medidas adoptadas para frear a pandemia vinculada ao COVID19, supuxeron un parón sen precedentes na económica do país. Este parón está a afectar á normal actividade de empresas e autónomos o que conleva unha grave diminución nos seus ingresos véndose obrigados, en non poucos casos, a acollerse aos ERTEs ou á suspensión temporal de actividade. O comercio e as empresas situadas en Carballo non están a ser alleas a esta situación.

Desde o Goberno de España e a Xunta de Galicia empezaron a tomar as primeiras medidas para apoiar ao sector produtivo nestes meses de inactividade. Desde as xuntas directivas do Centro Comercial Aberto e da Comunidade de Propietarios do Polígono veñen de solicitar tamén ao Concello de Carballo a adopción dunha serie de medidas fiscais dentro do seu ámbito competencial que axuden ao tecido empresarial local a superar estes momentos de zozobra.

Solicitan suspender impostos, taxas e prazos mentres dure o estado de alarma a quen vexa minguados os seus ingresos e flexibilizar pagos e fraccionamento en xeral, concretamente:

  1. Custo cero de taxas municipais a pemes e autónomos mentres se prolongue o estado de alarma.
  2. Ampliar e atrasar o prazo no pago do IBI (Imposto de Bens Inmobles de Natureza Urbana), así como estudar a reducción/bonificación deste imposto.
  3. Ampliar e atrasar o prazo no pago do IVTM (Imposto sobre vehículos de tracción mecánica).
  4. Garantir a continuidade dos contratos públicos municipais.

Situacións extraordinarias requiren accións extraordinarias. Nestes momentos o comercio e as empresas de Carballo son conscientes que a prioridade é dar resposta á emerxencia sanitaria, pero consideran que é imprescindible tomar medidas de apoio ao tecido produtivo para garantir os empregos e a viabilidade da actividade económica local.

Algunhas destas medidas foron incluídas no paquete de medidas fiscais que anunciou o goberno municipal (Achegamos arquivo). Desde as entidades empresariais valoran positivamente as medidas e a rapidez no seu anuncio, sen descartar propoñer máis medidas que lles poidan facer chegar os seus asociados.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.