Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
O polígono de Carballo participará no Programa TecEuropa de financiamento europeo.

O polígono de Carballo participará no Programa TecEuropa de financiamento europeo.

29 abril, 2022 Xeral

Organizado pola Fundación Galicia Europa, TecEuropa é o programa de referencia en financiamento comunitario en Galicia. Permitirá á Comunidade de Propietarios do Polígono identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco  financeiro europeo.

A   Comunidade de Propietarios do Polígono de Carballo participará na décimo sexta edición do Programa TecEuropa. Este programa está impulsado pola Fundación Galicia Europa e  ten como   obxectivos:

  1. Proporcionar ao persoal técnico das organizacións non gobernamentais para o desenvolvo  unha visión xeral das diferentes fontes de financiamento comunitario e, sobre todo, a oportunidade de comprender a lóxica de intervención da UE a través dós diferentes fondos e programas dispoñibles.                                                              
  2. Crear unha rede de técnicos en Galicia para compartir experiencias e coñecementos, así como para desenvolver eventualmente proxectos conxuntos.

Desde a Comunidade de Propietarios valoran positivamente a posibilidade de participar neste programa como unha oportunidade para coñecer novas fontes de financiamento para proxectos de investimento e modernización impulsados polas propias empresas do polígono, así como pola posibilidade de participar en alianza con outras entidades privadas e administracións públicas en proxectos europeos vinculados á economía verde, a transformación dixital ou o desenvolvemento rexional.

O programa componse de catro sesións nas que responsables de distintos departamentos da Comisión Europea expoñerán as principais oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo a través de programas como Horizonte Europa. Así mesmo, o programa concluirá coa intervención de distintas entidades galegas habituadas a participar e executar proxectos europeos que compartirán a súa experiencia.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.