Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Masterclass: Como mellorar a produtividade da túa empresa para alcanzar os teus obxectivos profesionais.

Masterclass: Como mellorar a produtividade da túa empresa para alcanzar os teus obxectivos profesionais.

12 novembro, 2019 Xeral

O pasado xoves 7 de novembro ás 19:30h, celebrouse unha  masterclass gratuíta orientada a mellorar a produtividade das empresas a través dunha correcta xestión do tempo. O evento  estivo organizado pola Comunidade de Propietarios do Polígono e a Federación Galega de Parques Empresariais e tivo lugar no Viveiro de Empresas.

O tempo é un recurso limitado, todos dispoñemos do mesmo pero a realidade é que non sempre sabemos como sacarlle o mellor partido, neste evento de 90 min de duración supuxo unha ocasión para que os asistentes reformulásense se están a utilizar o seu tempo eficazmente á hora de alcanzar as súas metas profesionais e persoais.

A  masterclass foi conducida por Juan Magariños, enxeñeiro industrial e posgrao en  Coach e Dirección de Recursos Humanos, con máis de 1.000 horas certificadas de asesoramento e seguimento profesional a empresas. Os 17  asistentes puideron coñecer de primeira man a través de casos prácticos, os hábitos de éxito das persoas que logran resultados excepcionais nos seus negocios ou como mellorar a produtividade da súa empresa a través de metodoloxías de xestión de recursos e tempos.

Ao longo desta semana o relator terá encontros individualizados cos participantes que así o desexen para analizar o caso particular de cada unha das súas empresas.

Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.