Novas: Xeral
Estás aquí: Inicio \ Novas \ Xeral
Avanza a tramitación da ampliación do polígono.

Avanza a tramitación da ampliación do polígono.

12 xuño, 2026 Xeral

A Xunta publicou no DOG a relación de propietarios afectados pola ampliación do polígono que non puideron ser notificados de forma individual. Os interesados dispoñen de dez días para comparecer ante a Administración e coñecer o contido do expediente.

A Xunta de Galicia continúa avanzando na tramitación da ampliación do polígono. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 11 de xuño un anuncio mediante o que se notifica por comparecencia a varios propietarios e titulares de dereitos afectados polo procedemento expropiatorio dos terreos necesarios para desenvolver a segunda fase de ampliación do parque empresarial.

Segundo recolle o anuncio, a Administración intentou previamente realizar a notificación individual a estas persoas sen que fose posible. Por este motivo, e conforme o procedemento legalmente establecido, a notificación realízase agora mediante a súa publicación no DOG e no Taboleiro Edictal Único do BOE.

Os propietarios incluídos na relación publicada dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio, para comparecer ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Só Empresarial e coñecer o contido íntegro do expediente que lles afecta.

A notificación por comparecencia é o procedemento previsto pola lexislación para aqueles casos nos que non foi posible localizar ou notificar persoalmente a algún dos afectados, permitindo que o expediente continúe avanzando. Unha vez transcorrido o prazo de dez días concedido para comparecer e finalizado o período de alegacións dun mes asociado á notificación das valoracións, a Xunta poderá continuar coa tramitación do proxecto de expropiación por taxación conxunta. Os seguintes fitos serán a resolución das alegacións que poidan presentarse, a aprobación definitiva do proxecto expropiatorio e a culminación do procedemento de adquisición dos terreos necesarios para a ampliación do parque empresarial.

Desde a ECOXEM continuamos realizando un seguimento da evolución deste proxecto e informaremos puntualmente dos principais avances que se vaian producindo.

Adxuntos:
Outras novas

Todas as noticias relacionadas co Polígono de Carballo ou que poidan ser de interese para as empresas que o compoñen.